Saturday 18 de May de 2024

Lage reivindica a boa xestión do Goberno de Inés Rey na apertura do V Congreso do Observatorio de Contratación Pública da UDC


Jose Manuel Lage: “O liderado da Coruña na contratación viuse neste 2022 no que fomos a cidade galega con maior licitación en obra pública”

O concelleiro da área de Economía e Planificación Urbana e voceiro de Goberno local, José Manuel Lage, interviu esta mañá na apertura do V Congreso do Observatorio de Contratación Pública da UDC e reivindicou a boa xestión do Goberno de Inés Rey: “O liderado da Coruña na contratación viuse no 2022, sendo a cidade galega con maior licitación en obra pública”.

O edil lembrou que no primeiro semestre do 2018, o Concello de Vigo cuadriplicaba a inversión en obra pública respecto á administración coruñesa: “Hoxe podemos dicir que revertemos esa situación xa que o pasado ano licitamos en obra pública 37 millóns de euros, sete máis que Vigo” explicou. Lage fixo fincapé na eficiencia da área do contratación co pago a proveedores (PMP), que se cumpliu dende o Concello da Coruña por primeira vez, case na súa totalidade todo o primeiro mandato.

O Goberno de Inés Rey foi o primeiro en aprobar un Plan Anual de Contratación, dinamizando a economía e favorecendo a participación das pemes da cidade para a creación de emprego e riqueza na Coruña. Ademais, o Concello da Coruña foi recoñecido este verán co Premio a boas prácticas na contratación responsable, outorgado pola Asociación Amicos, polas obrigas recoñecidas nos pregos para a inserción de colectivos vulnerables ou a reserva de lotes específicos para centros, empresas ou entidades sociais.

Na xornada tamén interviron José Pérez-Cepeda, decano do ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña; José Pernas García, profesor titular de Dereito administrativo da UDC; Jaime Rodríguez-Arana, catedrático de Dereito administrativo director do Grupo de Investigación Dereito Público Global da UDC e José María Jimeno Feliu, catedrático de Dereito administrativo da Universidade de Zaragoza e Co-Director do Observatorio de Contratación Pública.